Escuela infantil

A educación infantil do primeiro ciclo fundamenta definitivamente as canles para o desenvolvemento integral da persoa nos aspectos biolóxico, psicomotor, cognitivo, socio-afectivo e espiritual. Este desenvolvemento integral ha de lograrse mediante experiencias socializadoras, pedagóxicas e recreativas que, adquiridas a través do xogo, irán xerando no neno un sentido de afecto, amizade, compañeirismo, tenrura e, en xeral, unha maior sensibilidade cos outros. 

Deste modo, no colexio pretendemos facultar ó neno para unha serie de actividades como a observación, captación e comprensión de estímulos que cren nel unha maior independencia e harmonía e desenvolvan a súa personalidade, aptitudes e capacidades mentais e físicas. Todo iso intentámolo dentro dun contexto de afectividade de modo que o neno se atope en cada momento inmerso nun mundo de amor e cariño que estimule e motive as súas capacidades potenciais.

Elige aquí el idioma!
en_GBEnglish